Grupo HGT Organización de Eventos Formación Revista HGT Contacto
Edicións Anteriores
Dic. 2007 - N.132
Nov. 2007 - N.131
Oct. 2007 - N.130
Ag. - Sep. 2007 - N.129
Jul. 2007 - N.128
Jun. 2007 - N.127
May. 2007 - N.126
Abr. 2007 - N.125
Mar. 2007 - N.124
Feb. 2007 - N.123
Dic. 2006 - N.121
Revista HGT
Blancos en investigación
O mundo do viño, ese compañeiro de viaxe habitual e compañía especial en toda celebración, é, ademais, protagonista de excepción a través de diferentes vectores, dende o márketing á investigación, pasando por outros diversos sectores socioeconómicos.

Terras Gauda impulsa un novo proxecto de I+D+i cunha investigación que pretende potenciar a singularidade e caracterización dos viños que produce esta bodega. As novas liñas de investigación abertas agora oriéntanse cara un proxecto de maceración das tres variedades de uva fundamentais para esta adega: Albariño, Loureiro e Caíño Branco. Para desenvolver este proxecto, Terras Gauda realizou uns estudos previos nos que efectuou unha maceración das tres variedades durante un tempo determinado. O obxectivo final é obter información para saber se, mantendo a liña do Terras Gauda, se poden marcar aínda máis as características que o fan singular.
 
Outras liñas de investigación abertas por esta adega de O Rosal permitiron realizar unha selección clonal de uva Albariño e outra de levaduras ecotípicas. Despois de tres anos de traballo, unha das catro levaduras illadas é a que reúne o perfil idóneo, tanto a nivel de fermentación completa como de resultado aromático respecto a lograr unha maior singularidade nos viños. A levadura seleccionada empregarase nesta campaña para comprobar a súa resposta en fermentacións a escala real.

A nova aposta de Terras Gauda en I+D+i coincide coa expansión en mercados nacionais e internacionais e o incremento de vendas, que en 2006 se situou nun 18% máis que no exercicio anterior. A cifra de negocio chegou ata os 7,6 millóns de euros. A proxección internacional das diferentes marcas desta adega permítelle estar presente de xeito estable en países como Estados Unidos, Suíza, Noruega, Reino Unido e México. Asimesmo, ampliou a súa presenza no estranxeiro coa captación de 9 mercados novos: Finlandia, Suecia, Corea, Taiwán, Macao, Canadá, Arxentina, Colombia e Panamá.

En canto ao territorio nacional, que supón o 30% do total das vendas da adega, as comunidades de maior presenza son Madrid, Cataluña e Asturias.
 
Novas
 
 
C/ Marqués de Riestra 34 - 4ºC Pontevedra   •   Tlf: 986853978  Fax: 986847470   •   info@grupohgt.com