Grupo HGT Organización de Eventos Formación Revista HGT Contacto
Edicións Anteriores
Dic. 2007 - N.132
Nov. 2007 - N.131
Oct. 2007 - N.130
Ag. - Sep. 2007 - N.129
Jul. 2007 - N.128
Jun. 2007 - N.127
May. 2007 - N.126
Abr. 2007 - N.125
Mar. 2007 - N.124
Feb. 2007 - N.123
Dic. 2006 - N.121
Revista HGT
HostelMAS exporá a tecnoloxía de vangarda para a hostalería
A dous meses vista do inicio do Salón de Hostalería, Maquinaria e Servizos, HostelMAS 2008, a organización conta xa cun 68% de ocupación confirmada. No evento participarán empresas de gran envergadura que supoñen unha mostra de cada un dos subsectores que reúne o salón e que amosarán as últimas novidades no mercado.
 
Image
José Luis Mariño e Héctor Cañete.
 
Maquinaria e equipación para hostalería, equipos e produtos informáticos, menaxe e servizo de mesa, lencería téxtil e uniformidades, empresas de servizos, vending, equipos para xestión e control, mobiliario e decoración e alimentación e bebidas serán as actividades representadas en HostelMAS 08, evento que conta co apoio das asociacións provinciais de hostalería de Galicia e Asturias, baristas, maitres, sumilleres e gobernantes. Ao longo dos tres días da feira, levaranse a cabo numerosas actividades, entre elas, unha pasarela de uniformes de traballo e unha exhibición de elaboración dun café express, a cargo da Asociación Galega de Baristas. HostelMAS 08 será o evento inaugural do novo recinto feiral da capital herculina, Expocoruña, polo que está prevista a presenza de numerosas autoridades.
 
Image
HostelMAs será o evento inaugural do novo Expocoruña.
 
 
Novas
 
 
C/ Marqués de Riestra 34 - 4ºC Pontevedra   •   Tlf: 986853978  Fax: 986847470   •   info@grupohgt.com