Grupo HGT Organización de Eventos Formación Revista HGT Contacto
Edicións Anteriores
Dic. 2007 - N.132
Nov. 2007 - N.131
Oct. 2007 - N.130
Ag. - Sep. 2007 - N.129
Jul. 2007 - N.128
Jun. 2007 - N.127
May. 2007 - N.126
Abr. 2007 - N.125
Mar. 2007 - N.124
Feb. 2007 - N.123
Dic. 2006 - N.121
Revista HGT
Nov. 2007 - N.131
Portada
Image
 
A tortilla de Casa do Zuleiro trunfa no Concurso de Cociña Rural
Casa do Zuleiro, de Serra de Outes, impúxose na terceira edición do Concurso de Cociña sobre a Despensa Tradicional que se celebrou no transcurso de Turisport. O prato vencedor foi unha Tortilla da Avoa con Touciño, un bocado baseado na despensa tradicional que cautivou ao xurado profesional que avaliou as propostas gastronómicas dos 11 establecementos que se presentaron, convocados por HG&T.
 
Tras dúas intensas xornadas de avaliación, o xurado do III Concurso de Cociña sobre a Despensa Tradicional de Turisport decidiu outorgarlle o primeiro premio á Tortilla da Avoa con Touciño, de Casa do Zuleiro (Serra de Outes). O segundo premio foi para o Fogar do Selmo, de Rois, que presentou unhas Delicias de Porco Celta feitas ao Xeito da Casa, mentres que en terceiro lugar clasificouse a Casa Cazoleiro, de Meira, cun Cordeiro da Serra con Berzas ao estilo Pedregal.
 
Leer más...
 
El Campeón Nacional Barista es madrileño
Un madrileño, un cántabro y un riojano coparon el podium del II Campeonato Nacional Barista de España, celebrado en A Coruña y que significa y representa una distinción a los mejores profesionales en la elaboración y servicio del café.

El recinto de convenciones y congresos Palexco, acogió entre el 5 y 7 de octubre pasado la segunda edición del Campeonato Nacional Barista de España, un certamen que busca dignificar y valorizar la labor de los profesionales en cuanto a la elaboración y servicio del café.

El madrileño Hicham Ahmar fue consagrado como campeón del certamen en tanto que el cántabro Raúl Alonso y el riojano Rafael Da Silva, obtuvieron la medalla de plata y bronce, respectivamente.
 
Leer más...
 
A Asoc. de A Coruña acusa ao presidente de Cehosga de utilizar sen autorización a súa base de datos
Investigan se Juan Silva vulnerou a Lei tras dirixirse á hostalería coruñesa contraa opinión do seu presidente. Héctor Cañete plantexa unha moción de confianza contra o máximo directivo de Cehosga

As actuacións de Juan Silva, na súa calidade de presidente de Cehosga ou da asociación de Santiago, seguen provocando enfrontamentos internos na cúpula patronal, malia que se atenúa un dos conflitos provocados. O ofendido agora é o presidente da Asociación de Hostalería de A Coruña, Héctor Cañete, quen recentemente cuestionaba o estado de contas da patronal galega e a incorporación de pleno dereito a Cehosga da asociación ferrolá. Desta volta, Cañete anuncia que os servizos xurídicos da asociación herculina están a estudar un dos últimos movementos de Juan Silva por se puidera ser constitutivo de delito. Segundo Héctor Cañete, Cehosga tería empregado a base de datos oficial da entidade coruñesa, sen a previa autorización dos seus directivos, para participar na campaña "Espacios Azules".
 
Leer más...
 
Os "golpistas" composteláns dan marcha atrás e abandonan o proxecto paralelo a Cehosga
A publicación en prensa dun anuncio dando conta dunha asemblea que se tería celebrado o 12 de setembro, foi suficiente para que a maioría da cúpula de Cehosga (excepto o presidente de A Coruña) dera por válida a renuncia da asociación de Santiago de seguir co seu anunciado proceso de transformarse en ente de ámbito galego, un paralelismo coa propia Cehosga ante o que os compañeiros "rexionais" de Juan Silva reaccionaron airadamente. Recollidas as velas polos "golpistas" composteláns, perdóase o intento e atenúase a crise.
 
Leer más...
 
Novas
 
 
C/ Marqués de Riestra 34 - 4ºC Pontevedra   •   Tlf: 986853978  Fax: 986847470   •   info@grupohgt.com