Grupo HGT Organización de Eventos Formación Revista HGT Contacto
Edicións Anteriores
Dic. 2007 - N.132
Nov. 2007 - N.131
Oct. 2007 - N.130
Ag. - Sep. 2007 - N.129
Jul. 2007 - N.128
Jun. 2007 - N.127
May. 2007 - N.126
Abr. 2007 - N.125
Mar. 2007 - N.124
Feb. 2007 - N.123
Dic. 2006 - N.121
Revista HGT
Ag. - Sep. 2007 - N.129
Portada
Image
 
Furia furancha
Os hostaleiros reclaman a intervención da xunta na súa loita contra a competencia desleal dos furanchos
 
A Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra ten contabilizados uns 1.200 furanchos na provincia, dos que 400 abren todo o ano. Os empresarios denuncian que estes locais pasaron de vender o excedente de viño das súas colleitas a ofrecer banquetes e incluso aloxamento. Reclaman que a Xunta realice un control exhaustivo deste locais, que non pagan impostos nin figuran en ningún rexistro oficial. Os hostaleiros pontevedreses están en pé de guerra contra a proliferación de furanchos por toda a provincia. 
Leer más...
 
A cúpula de Cehosga cerca a Silva:
A asociación de Santiago deberá volver ser comarcal antes do 15 de outubro
 
A profunda crise provocada por Juan Silva e Manuel González, cabezas visibles da conversión da Asociación de Hostelería de Santiago en entidade de ámbito galego, isto é, en parangón con Cehosga (¡da que Silva é presidente!) ten un prazo: o resto dos compoñentes da cúpula patronal hostaleira déronlle ata o 15 de outubro para que revoque o acordo que os titulares composteláns, malia repetidas autonegacións e desculpas encubertas, presentaron publicamente (no propio medio da asociación) como un acordo asembleario. Se pasado o verán Silva non consegue que os socios de Santiago deixen a asociación no ámbito comarcal, obrigarano a dimitir. 

Leer más...
 
Turismo de interior: na procura da sustentabilidade ambiental e económica
O rural galego leva varios anos inmerso nun proceso de transformación e de diversificación da súa economía, cunha especial incidencia do sector turístico. Sen embargo, oferta e demanda teñen comportamentos diferentes, o que provoca certos desaxustes que é necesario salvar, co apoio das administracións.

Para coñecer en profundidade que futuro se lle presenta ao sector, a cita mensual da Mesa de Redacción de HG&T convidou a Edelmiro López, director xeral de Desenvolvemento Rural; Pablo Villamar, deputado responsable da área de Turismo da Deputación de A Coruña (en funcións); José Manuel Rodríguez, xerente do Inorde e do Padroado de Turismo de Ourense; José Maril, presidente da Fundación Semana Verde; e Ricardo Aparicio, da empresa de ocio activo Arrepións.
Leer más...
 
As festas da Peregrina garanten diversión para todos os públicos
Pontevedra vístese de gala para celebrar as Festas da Peregrina, as festas da cidade con maiúsculas. Do 11 ao 20 de agosto a cidade do Lérez convértese nun fervedoiro de visitantes que se achegan ata a capital das Rías Baixas para pasar uns días inesquecibles, con ambiente e diversión para todos os públicos, dende as corridas de touros, das que damos conta nas seguintes páxinas, ata os concertos gratuítos na Praza da Ferrería, entre outras actividades.
 
Leer más...
 
Novas
 
 
C/ Marqués de Riestra 34 - 4ºC Pontevedra   •   Tlf: 986853978  Fax: 986847470   •   info@grupohgt.com